Inicio




Publicaciones:


  • Último partido do ano (12/13/2017)

    O sábado 16 ás 18:00 xogaremos na Torreo 1 o último partido do ano contra A Grade. Un partido no que teremos unha delantera de circunstancias tras a sanción a Alex e as baixas de Ruben Pérez e Pepe. Pero aínda así tentaremos de lograr a victoria para manter o liderato da segunda división que conseguimos a xornada pasada tras o empate contra Las Canarias.

    Esta temporada todo parece ir de cara, compromiso de todos, bos resultados baseados nunha gran defensa e bo ambiente resumen o que levamos de temporada. Que se manteña así e podamos acadar o obxectivo do ascenso á categoría de ouro da liga da Asociación de Peñas de A Coruña.

    Resultado do que vai de temporada:

    Forza Malte!!!

  • Malteriazor – Briosa (6/6/2017)

    Dende Malteriazor temos o pracer de facer oficial o que moitos xa sabíades a través do noso Facebook. O día 24 de Xuño recibiremos en Coruña ó Briosa, equipo amateur de Lisboa que participa no Torneo de Futbol 11 do Clube Internacional de Foot-Ball (CIF). Fundada no ano 1954 e con un ideal de convivencia, amistade e diversión ten como tradición anual o seu Erasmus Particular. O ano pasado foron a Badajoz e este ano acudirán á cidade Herculina para xogar contra o noso equipo.

    Briosa

    Acudirán nun fin de semana dos máis axetreados en Coruña como é o de San Xuan, coas fogueiras do Venres 23. O partido está programado para o día 24 ás 18:00 no Campo 1 da Cidade Deportiva da Torre donde esperamos poder contar con todos os xogadores dispoñibles e nun estado adecuado despois das fogueiras… 😉

    O Briosa é un equipo con Historia dentro de futbol Amateur e podemos comprobalo na súa páxina Web: http://briosanocif.wixsite.com/somosbriosa

    Despois se celebrará unha cea en común para todos os xogadores que queiran apuntarse e participar nunha convivencia e nun día que esperamos que sexa inolvidable.

  • Resumo de temporada (6/5/2017)

    A temporada 2016/2017 xa concluiu e como resumo podemos decir que reflexa claramente o que Malteriazor mereceu este ano. Con unha plantilla que podería pelear polos postos nobles e con incorporacións de calidade ó longo da temporada non fumos capaces de conseguir arrancar os suficientes resultados positivos para conseguir a salvación. Aternando un ou dous partidos a gran nivel con unha racha continuada de partidos pésimos, baixas convocatorias e unha sorte aciaga toda a temporada se obtivo o resultado esperado: En caso de que a temporada que ven haxa tres divisións Malteriazor xogará na categoría de bronce.

    Sabendo que este equipo se formou para divertirse xogando ó futbol, participar de unha competición con tradición como é a liga de peñas, non debemos levarnos á engano, perder e descender non é un sapo facil de tragar. Pero parece ser que o equipo ten ganas de seguir xogando e pelear outro ano máis por facer unha boa temporada así que haberá que intentar novamente construir unha plantilla que queira volver a pelexar un ano máis e intentar aprender dos errores pasados.

    Forza Malte!!!

     

  • Condenados a terceira? (5/15/2017)

    O día que o Deportivo da Coruña foi capaz de garantizar a súa permanencia en Primeira un ano maís, o noso equipo non foi capaz de superar ó Antoxo nun partido directo que definiría claramente ós equipo en descenso. Nun partido realmente bronco e no que o Malteriazor foi sacado do partido por unha serie de entradas duras sobre RubenP e Dani nas que o arbitro non tivo a valentía suficiente para expulsar o xogador rival, o Malteriazor sufreu dous goles en sendo fallos defensivos que obligou ir a remolque toda a segunda parte. O ambiente tenso e de protestas continuas causaron que Dani fora expulsado ó final da segunda parte por desconsideración ó árbitro co que habería que intentar a remotanda con un xogador menos.

    Un gol de Gonzalo ó comezo da segunda deu esperanzas ós nosos pero un novo fallo defensivo e o terceiro gol do Antoxo foi un duro correctivo. Ainda así o equipo o sigueu intentanto con máis corazón que xogo e Andrés puxo o segundo gol dos nosos. Nos últimos minutos da segunda parte Iván sufreu unha lesión no muslo esquerdo que o obrigou a retirarse ainda que na prolongación entraría novamente a intentar axudar no posible.

    A remotanda non se logrou e hai que recoñecer que foi unha derrota merecida por moito que o árbitro fixera unha actuación realmente mala con un tufo a favoritismo presidencial que se prolongou ata a hora de cerrar o campo. Malteriazor non merece máis este ano, foi unha verdadeira temporada para olvidar pero non é facil derrotar as ganas de seguir xogando dos nosos e moito nos tememos que Malteriazor participará unha temporada máis na liga de Peñas sexa en terceira ou segunda.

    Ainda queda por disputar o último partido aprazado contra o Mesón Valdeorras. Efectivamente, matematicamente hai esperanzas e os nosos intentarán conseguir a victoria pero lamenteblemente dependemos de que O Antoxo e A Grade perdan os seus respectivos partidos.

    Forza Malte!!!

     

  • Se esgotan as posibilidades (4/3/2017)

    Se ben no último POST publicado en Xaneiro o Malteriazor parecía que podía endereitar o seu rumbo as cousas non milloraron demasiado e seguimos de colistas con 13 puntos e xa a 5 do penúltimo clasificado, O Antoxo. As incorporacións conseguiron millorar o xogo do equipo pero os goles non chegan e todos os puntos fuxen. Non hai nada tan frustrante como xogar ben pero conseguir unha cantidade tan baixa de puntos.

    Xa queda menos para acabar a liga e en 6 partidos se deberían conseguir os suficientes puntos para sair do descenso, cada día que pasa se fai máis dificil, baixan os ánimos e se masca a traxedia. So queda loitar ata o último partido de liga e iso é o que o noso equipo sabe facer, loitar ata o final.

    Vamos Malte!!!